Corremundos
Milán vs. Galicia
21/12/2022 23:15 h
Neste capítulo viaxaremos a Milán, a capital de Lombardía, unha mestura fantástica de tradición, modernidade e economía. Alí coñeceremos como traballa un mestre xeadeiro, tanto na súa escola como nos seus establecementos. E tamén veremos como un gandeiro de Taboada, en Lugo, emprega o leite da súa granxa para facer xeados galegos artesáns.
De volta en Milán, investigaremos como funciona o sector turístico italiano coa axuda dunha guía profesional. Con ela intentaremos descubrir os principais recunchos da cidade nunha soa xornada. Unha misión case tan imposible como percorrer a Ribeira Sacra nun día. Pero aínda así intentaremos facelo, por terra e auga, grazas a unha guía turística do país.