CRTVG

Buscar

Corremundos

Costa Rica vs. Galicia

04/02/2023 18:00 h

A capital de Costa Rica é máis que un lugar de paso para o turismo de praia e selva. Esta cidade mestura natureza e arquitectura sen renunciar á súa esencia. Este capítulo comezará cunha visita ao campo, pero non para pasear, senón para cultivar a terra cun labrego costarriqueño... e o seu cabalo!

En Galicia tampouco lle damos mal ao sacho. O noso solo é fértil e, cos coidados correctos das mans axeitadas, permite obter produtos da mellor calidade. De volta en San José, acompañaremos ao encargado de mantemento dun hotel e veremos o que hai que facer para que os hóspedes se sintan como na casa.

Tamén coñeceremos os recunchos menos frecuentados dun establecemento hoteleiro en Sanxenxo. Para que nós gocemos, o responsable de que todo funcione non ten un minuto libre. 

Atopar capítulo por: