CRTVG

Buscar

Especial

Corpus 2018

04/06/2018 22:00 h

Durante toda a fin de semana, as rúas das vilas e cidades galegas enchéronse de flores, de paixón, de sentimentos e tamén, como non, de diversión.  

Belén Vara vai ata o concello de Ponteareas, onde o Corpus Christi está declarado como festa de Interese Turístico Internacional. Alí pode admirar máis de 20 alfombras florais polas que pasa unha espectacular procesión, nunha das xornadas máis grandes do ano nesta vila do Tea.

Ariadna Leis está en Redondela. No Corpus deste concello “choqueiro”, un equipo da Televisión de Galicia asiste ao tradicional baile das “Penlas”, acompañadas da danza das espadas. Tamén coñecen a historia da famosa “Coca” de Redondela, un monstruoso dragón que chegou dende o mar para raptar as mozas do lugar.

O percorrido do programa continúa no concello lugués de Viveiro, onde a celebración do Corpus tamén se vive con moita intensidade. Ata alí acode Belén Rivero, que participa na confección das alfombras florais e despois é unha máis na procesión que transcorre polo fermoso casco vello deste municipio.

Alicia Conchas achégase a Ares, a vila que durante meses prepara o Corpus cunha grande ilusión. A reporteira do programa pode comprobar o traballo dos veciños e das veciñas para que todo estea listo no gran día e, ademais, segue a procesión en que, entre outros centos de persoas, os nenos e as nenas que fan a comuñón pasan por riba dos tapices de flores.

Atopar capítulo por: