Oh happy day
O happy day!: 1ª gala
Oh Happy Day ofrece as primeiras actuacións sobre o escenario dos oito coros participantes, que son Alameda, de Pontevedra; Alecrín, de Brión; o obradoiro vocal A Vila de Ponteareas; Coda, de Vilagarcía; El Acorde Secreto, da Coruña; Encaixe, de Santiago de Compostela; Sisters in the House, da Coruña; e Vía Sete, de Pontevedra.
O xurado está composto por Eva Perales, Najla Shami e Ramón Bermejo.
Despois do casting da semana pasada, esta primeira gala, presentada por Rodrigo Vázquez, destaca pola variedade de estilos musicais nos temas que defenden os oito coros que participan no programa. Tampouco faltan as coreografías e un coidado estilismo.
O xurado non ten que eliminar ningún coro nesta ocasión, aínda que si hai nomeamentos. Ademais, un dos grupos recibe a distinción de mellor interpretación da noite.