CRTVG

Buscar

A casa da Conexa

Mucha e Nucha con Xosé Barato e Cristina e Nacho Castaño

19/12/2013 22:15 h

    Un pequeno problema de saúde leva a Nucha a visitar o atractivo doutor da vila (Xosé Barato). Pero, coma sempre, as cousas máis sinxelas e cotiás da vida de calquera, en Ardebullo parecen estrañas. Nucha quedou sen fala, en principio tanto ela coma a súa irmá bótanlle a culpa a un mal de ollo que lle botou Adela, a veciña coñecida como “a pita coxa”. O médico, cargado de paciencia, intentará desmontar as crenzas na bruxaría cos seus coñecementos, pero pode que ata el mesmo leve unha sorpresa.

    Doutro lado, “A Casa da Conexa” volve ser o agocho dun ladrón de pouca monta e o seu tesouro. Pero cando andan polo medio Mucha e Nucha as cousas tórcense e o ladrón terá que botarlle imaxinación para volver recuperar o tesouro.

    Esta noite Nucha tamén quere dedicarse á política e ocuparse da área cultural do Concello de Ardebullo. Preparando o seu discurso e o seu plan de actuación, chamarán por casualidade á súa porta Cristina e Nacho Castaño, dous actores que están gravando unha curta en Ardebullo e que lles virá moi ben ás fillas da Conexa para que lles acheguen ideas de como desenvolver os actos culturais da vila.

    Ademais, o espazo da TVG ofrece unha nova entrega de “A cociñar con Xosé Ramón”, coa suculenta e saborosa receita de espetadas rebozadas. E, para rematar, unha inmellorable e única canción, interpretada por Nucha e Mucha, que hoxe se atreverán co jazz.

Atopar capítulo por: