Momentos G
Conmemórase o "Día Internacional contra o Cancro Infantil"
15/02/2020 13:13 h
É unha das vivencias máis duras ás que se pode enfrontar unha familia, a noticia de que a súa filla ou o seu fillo padecen cancro. Esta é a primeira causa de morte infantil ata os catorce anos, pero ten unha parte positiva, a súa elevada taxa de curación, situada preto dun 80%. Así, con esta visión, recibimos a Patricia e Ángela Leal, fundadoras de "Nico contra o cancro infantil".