Momentos G
Coñeza o galego que lidera a investigación contra o cancro en España
05/12/2020 13:04 h
A investigación é fundamental para conseguir canto antes unha vacina para a covid-19, pero tamén para mellorar a detección e os tratamentos de moitas enfermidades, como o cancro. Un dos galegos máis destacados neste campo, está á fronte do Servizo de Oncoloxía do hospital universitario 12 de Octubre de Madrid e é o presidente da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro, Luís Paz-Ares.