CRTVG

Buscar

Momentos G

Coñeza como pensaba a escritora Emilia Pardo Bazán, moderna e radical feminista

08/05/2021 14:51 h

Unha radical feminista... así, literalmente, se declaraba en 1914 unha das figuras históricas e culturais máis relevantes do noso país. Neste 2021 conmemórase o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán e é o momento tamén no que podemos abordar, analizar e descubrir o seu pensamento feminista na súa totalidade. Facémolo a través de Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán, escrito por María López Sández e Marilar Aleixandre.

Atopar capítulo por: