Momentos G
Coñeza aquí o que nunca se atreve a preguntar sobre as tatuaxes
06/02/2021 13:44 h
Algo que nos defina, que nos lembre algunha persoa, algún lugar ou algún feito que teña algún significado especial na nosa vida poden ser parte dos motivos que alguén elixa para tatuar no corpo, unha moda para algúns, un xeito de vida para outros, un mundo no que tamén perviven os grandes clásicos, coma no rock, de tatuaxes. E desa vella escola imos falar con David Diz, que ten un estudio en Ourense.