CRTVG

Buscar

Momentos G

Coñecemos os segredos do novo programa dos martes na TVG, 'Vou que teño que ir'

14/10/2019 13:30 h

Vou que teño que ir é o nome do novo programa que nos vai descubrir distintos recunchos de Galicia desde varios puntos de vista. Para falarnos desta nova estrea da TVG, que comeza mañá, martes Temos connosco a Ángel de La Cruz, o seu director e Ledicia Sola, unha das presentadoras.

Vou que teño que ir é un programa de viaxes polo territorio galego onde Víctor Fábregas e Ledicia Sola convidan o espectador a descubrir o mesmo municipio ou comarca de dous xeitos ben diferentes. Producido por Ézaro Films, o programa estrearase o vindeiro martes, 15 de outubro, ás 23.30 horas na Televisión de Galicia (TVG).

Nesta travesía polo mapa galego, Víctor Fábregas achegarase ás tascas e tabernas máis tradicionais, á cultura popular, ás festas e costumes e aos sendeiros pola natureza buscando plans atrevidos ou de risco e procurando non rascar moito a carteira.

Pola súa banda, Ledicia Sola buscará alternativas culturais e históricas, con visitas máis confortables e luxosas e con parada en restaurantes coa gastronomía máis vangardista. De cando en vez os presentadores cruzaranse nos seus camiños para facer actividades conxuntas onde cada un terá a posibilidade de levar ao seu terreo e poñer a proba o compañeiro.

O humor estará presente en cada un dos episodios e as bromas entre os presentadores marcarán o ritmo distendido deste novo programa que permitirá coñecer os recunchos menos explorados de Galicia. Ribadavia, primeira parada Ribadavia é o primeiro destino ao que se enfrontarán os nosos viaxeiros, Ledicia Sola e Víctor Fábregas.

Atopar capítulo por: