CRTVG

Buscar

Ciencianosa

Coñecemos a expedición contra a varíola (1803) que lle puxo nome á operación Balmis do Exército contra o coronavirus

20/03/2020 13:39 h

Esta expedición partiu do porto da Coruña en 1803 dirixida polo médico militar español Francisco Javier Balmis e cun obxectivo absolutamente filantrópico: propagar en América e nas Filipinas a vacina contra a varíola que acababa de descubrir en 1796 Jenner.

Para iso, Balmis non dubidou en dar a volta o mundo levando consigo ventidous orfos, 17 da Coruña e 5 de Madrid, que foron inoculados sucesivamente ao longo da viaxe para manter vivo o virus.

Con eles viaxaba unha muller, caso raro neste tipo de expedicións. Era Isabel Sendales e Gómez, reitora da Casa de  Expósitos da Coruña, cuxa misión consistía en atender os pequenos, entre os que estaba o seu fillo, e, o máis importante, vixiar que non rascasen as feridas para evitar calquera contaxio.

Atopar capítulo por: