CRTVG

Buscar

Luz verde

Condutores reincidentes

15/07/2017 20:30 h

Malia representar un número reducido do total de condutores, os reincidentes constitúen un grave problema para a seguridade viaria. Son aquelas persoas que cometen unha e outra vez as mesmas infraccións, chegando a ser condenados penalmente polo seu comportamento. É o caso do mozo protagonista deste capítulo, quen remata por perder o carné debido a todas as sancións acumuladas. Aínda así, decide coller o coche unha vez máis. As consecuencias serán irreversibles.
Evitar a reincidencia no quebrantamento das normas representa un dos grandes retos para mellorar a seguridade nas estradas e niso converxen os esforzos da xustiza, da Agrupación de Tráfico e da propia DXT. A vixilancia dos reincidentes, a imposición de penas e o estudo do ámbito social en que se insiren estes condutores son algunhas das ferramentas que se empregan para combater a reincidencia.
O fiscal de Seguridade Viaria en Galicia, Carlos Gil, achega as cifras da reincidencia na nosa comunidade e as accións que se están a desenvolver para paliala. Por outro lado, o xefe de Tráfico de Ourense, David Llorente, explica como se aborda este problema dende o organismo que representa e o tenente coronel Francisco Javier Molano expón o papel dos axentes de tráfico na detección desta conduta. Completan as intervencións sobre o tema a psicóloga Eva Muíño e os gardas José Manuel Amado, Rubén Pereira e Héctor Teixeira.

Atopar capítulo por: