CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Uxía, Cristian Silva, Efecto Pasillo e a orquestra Trovadores

28/05/2016 22:15 h

 O espectáculo e o entretemento familiar serán protagonistas un sábado máis na TVG co programa “Bamboleo”, que hoxe recibirá a visita da banda grancanaria Efecto Pasillo, que acaba de publicar o seu terceiro traballo discográfico, “Tiembla la Tierra”. O programa tamén contará coa presenza da cantante Uxía Senlle, una das voces máis populares e valoradas da música galega, cuxas cancións seguen tendo a presenza da música tradicional, pero cun tratamento innovador. 

Presentado por Xosé Manuel Piñeiro e cun elenco de colaboradores que se apoderarán do escenario, o “Bamboleo” desta noite contará tamén coas actuacións da orquestra Trovadores e do gaiteiro Cristian Silva, que acode ao programa para presentar o seu primeiro disco, “Ego”, en que mestura a tradición coa vangarda e en que afonda nas novas técnicas interpretativas da gaita. 

Atopar capítulo por: