CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Con Susana Seivane e Federico Pérez

16/12/2015 22:00 h

No programa deste mércores, Land Rober Tunai Show recibirá a visita de Susana Seivane, unha das artistas galegas máis internacionais, a quen agardan grandes sorpresas ao longo da noite.

Ademais, o espazo da TVG contará coa presenza do actor Federico Pérez, que, ademais de participar en sketchs, ensinará a súa cara máis persoal e descoñecida.

Como é habitual, o “Land Rober” ofrecerá unha noite chea de risas e enredos co público e cos espectadores, coa participación dos habituais Xosé A. Touriñán, Eva Iglesias  e o propio Roberto Vilar, que se verán envoltos en esmendrellantes historias que irán desde unha estancia nun resort, un encontro coa mafia e ata unha simulación do sorteo de Nadal con João Simões.

Atopar capítulo por: