CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Serafín Zubiri, Pili Pampín, Martín Máez e a orquestra Trébol

07/05/2016 22:00 h

O músico e cantante Serafín Zubiri será este sábado a estrela convidada no programa “Bamboleo”. O artista navarro interpretará o tema “Vamos adelante”, do seu disco “Por una causa justa”, traballo en que, con dez cancións, anima os seus fans a ser solidarios nun tempo en que a crise fai que se precise máis ca nunca desta actitude.
O musical presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará así mesmo con dous habituais dos escenarios galegos: Pili Pampín e a orquestra Trébol, e mais co cantante e actor Martín Máez, quen se dera a coñecer como actor musical coa obra “El libro de la Selva”, en que interpretaba a Mowgli e á lle que seguiron outros recoñecidos traballos en “Pocahontas, el musical” ou “El Patito Feo”.

Atopar capítulo por: