CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Con Santi Millán, Javi Sancho, o home do tempo da TVG Diego Viaño e a artista Guadi Galego

09/11/2016 22:00 h

O “Land Rober Tunai Show” recibe hoxe dous grandes cómicos. Un deles, Santi Millan, é coñecido polos seus papeis en televisión e cine, as súas colaboracións en programas e mesmo as súas aventuras deportivas. O outro, Javi Sancho, é unha das grandes revelacións do mundo do monólogo cómico e compañeiro de fatigas do primeiro. Xuntaranse co presentador do programa da Televisión de Galicia, Roberto Vilar, cun resultado imprevisible.
Tamén visitará o “Land Rober Tunai Show” Diego Viaño, o home do tempo da TVG, que fará acto de presenza nas seccións “Mañás de Marilú” e participará no concurso “Quen vés sendo”. Por outra parte, a artista Guadi Galego pasará polo programa de humor para presentar o seu novo álbum ,“O mundo está parado”.

Atopar capítulo por: