CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Con Sabela Arán e Carlos Blanco

03/02/2016 22:00 h

Este mércores volta o “Land Rober Tunai Show” con dúas visitas moi especiais: a do showman e presentador Carlos Blanco, que falará dos seus novos proxectos e do que a el lle pete, e a da actriz Sabela Arán, que virá pintar a mona co  elenco do programa.

Coma sempre, nunha nova velada chea de sorpresas e de risas a rachar, o show da TVG contará coa participación de Xosé A. Touriñán, Eva Iglesias e o propio Roberto Vilar, que se meterán de cheo en novas historias como a de José Lanzao en clases de ioga, a do galego máis feliz ou o novo desafío dos “gorrillas” en “Sargo”.

Atopar capítulo por: