CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Con Ruth Lorenzo e Moncho Lemos

09/03/2017 22:00 h

A cantante e compositora Ruth Lorenzo chega a “Land Rober Tunai Show”. A murciana namorou o público inglés no seu paso polo “X Factor“ e a Europa coa súa participación en Eurovisión no ano 2014. Agora ten que enfrontarse ao reto máis dificil da súa carreira: saír sa e salva dunha noite con Roberto Vilar e a súa tropa, os colaboradores Eva Iglesias e Xosé Antonio Touriñán. 

Moncho Lemos, o crítico musical e de cine da Televisión de Galicia e a Radio Galega, colabora nun dos sketchs do programa e pon a proba a súa pericia na sección “Quén vés sendo?”. Quen falle a proba ten que beber o xa mítico ovo con vinagre ou sufrir outro castigo. Ademais, o programa continúa facendo seguimento á voda da colaboradora Eva Iglesias. Coñecemos os actos de preparación do evento e a comida da que gozarán os convidados.

 

Atopar capítulo por: