CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Pimpinela, Monoulious DOP, Trébol e Lülu

15/10/2016 22:15 h

O dúo arxentino Pimpinela, integrado por Lucía e Joaquín Galán, pasan por Bamboleo para cantar os temas “Cuantos recuerdos” e “Bastardo”. 

Ademais, o programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro conta coas actuacións da orquestra Trébol e da banda festeira de Noia Monoulious DOP, que interpreta “Morrer en Jalisia”, unha canción festeira e con moito ritmo que converte a súa actuación nunha pequena troula humorística e musical. 

Lülu, ex da banda coruñesa Forraje, presentar o seu tema “Sueños lúcidos”, do disco “A medio camino”, que financiou a través de crowdfunding en só tres semanas. 

Na sección “Agora ou Nunca”, Laura Fernández e Adrián Vigo, amosan as súas dotes artísticas. A primeira, interpreta “Ya es muy tarde”, de Yuridia, e, o segundo, canta “Unha noite na eira do trigo”, de Fuxan os Ventos. Na “ITV do amor”, o obxectivo é  acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa.

“Déixate de juasá!” anima os participantes a prescindir de trebellos tecnolóxicos e a dicirse as cousas á cara; a “A Jrileira” enfronta ao karaoke a dous concursantes: Aitor e Xelo; en “Canción dedicada”, dous namorados, Gloria e Juan, da Guarda, falan dos inicios da súa relación e, en “Dirtidansi”, distintas parellas bailan, entre outros estilos, pasodobre e chachachá.

Atopar capítulo por: