Land Rober Tunai Show
Con Morris e Fonsi Nieto
22/03/2018 22:00 h
Despois de provocar a todo tipo de organizacións delituosas… chega o verdadeiro cara a cara no “Land Rober Tunai Show”, en que José María e José Luis atoparanse co capo máis perigoso: Antonio Durán ‘Morris’. Sairán vitoriosos estes dous?
O espazo de humor da TVG conta ademais coa visita do versátil Fonsi Nieto. O piloto e picadiscos participa nos xogos e sketchs máis divertidos.
Como en cada edición, Roberto Vilar, Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias fan todo o posible para que os espectadores da Televisión de Galicia pasen unha noite de lecer co mellor humor.