CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Merche, Wer e a orquestra Venecia

22/09/2018 22:00 h

“Bamboleo”, o programa de entretemento da TVG dos sábados á noite, recibirá hoxe a visita da cantante gaditana Merche. Os seus discos de ouro e de platino e unha candidatura ao Grammy Latino acreditan o recoñecemento público a unha figura que medra disco a disco, canción a canción, para completar o retrato dunha artista chea de personalidade e naturalidade. 
O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará ademais coas actuacións da orquestra Venezia e de Wer, que interpretará para o público do programa os temas “Medley dance” e “Staying alive”. 

Atopar capítulo por: