Land Rober Tunai Show
Con Melody e David Perdomo
12/01/2017 22:00 h
O “Land Rober Tunai Show” cambia o seu día de emisión, pero mantén as ganas de troula, nesta ocasión con Melody como convidada. A cantante visita o estudio cun obxectivo entre mans, crear “O baile do gorrillas”. Podemos ver se a artista é capaz de domar a José María e José Luís e facer con eles unha coreografía.
Ademais de Melody, tamén acode ao programa o humorista David Perdomo, que presenta algúns dos seus milleiros de personaxes. Os sketchs máis divertidos e o retorno do intrépido Frank Rober, que nesta ocasión amosa a fauna que se agocha nas salas de espera dos hospitais, tamén teñen un oco no programa. Todo isto, na compañía de Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias.