CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Con Marta Hazas e David Perdomo

27/04/2017 22:00 h

“Land Rober Tunai Show” recibe a actriz Marta Hazas, coñecida polos seus papeis en series como “El Internado” ou “Velvet”. A última vez que estivo no programa foi acompañada do seu marido, o actor Javier Veiga, e esta vez ten que concursar no “Que me estás contando?” e enfrontarse a Roberto Vilar e ao resto da tropa ela soa.

Por outra banda, os espectadores tamén poden gozar da visita do humorista galego David Perdomo, que se volve meter na pel dalgún dos seus personaxes máis recoñecidos, tal vez sexa o “koruño” ou o “cantante” Carlos Roma. 

No programa tamén están os “xubilados”, a adiviña Esperanza Gracia, ou alguén que se lle parece, que responde as dúbidas dun cliente moi especial, e hai unha sesión de Radio Rober. Todo isto cos colaboradores habituais Eva Iglesias e Xosé Antonio Touriñán.

 

Atopar capítulo por: