Bamboleo
Con María Villalón, Xil Ríos, Ruta 77 e a orquestra Essencia
09/04/2016 22:00 h
“Bamboleo” contará esta noite coa actuación de María Villalón, quen saltara á fama logo de gañar a primeira edición do concurso de televisión “Factor X” e que interpretará, entre outros, o seu tema máis coñecido “La lluvia”. Tamén recibirá a visita do cantautor galego Xil Ríos, que fará soar “Xa caerá”, tema do seu álbum de 2010 “Son da alma”.
Ademais, o musical presentado por Xosé Manuel Piñeiro ofrecerá as actuacións da orquestra Essencia e de Ruta 77, grupo de rock & roll coruñés fundado en 2008.