Land Rober Tunai Show
Con María Mera, Víctor Mosqueira e o penúltimo capítulo da voda de Eva
16/03/2017 22:15 h
A protagonista de “Dalia, a modista”, unha das series triunfadoras nos Premios Mestre Mateo, volve ao programa para acompañar a Roberto Vilar e a súa tropa, os colaboradores Eva Iglesias e Xosé Antonio Touriñán. Por outra banda, Víctor Mosqueira, outro dos mellores actores do panorama galego e coñecido pola súa interpretación como Francisco Taracido en “Mareas Vivas”, será parte importante dos sketchs desta semana.