Tourilandia
Con María Mera, Miguel de Lira e a banda Melocos
29/11/2012 22:30 h
Visitan o estudio de “Tourilandia” a actriz e presentadora, María Mera, o actor Miguel de Lira e o cantautor Emilio Rúa. E sobre o escenario, a banda musical Melocos, que ofrece a súa música en directo interpretando temas como “Pensando en vos” e “Ahora”.
Na ‘sitcom’ esta semana poden ver como os trixemelgos Barreiro deciden montar unha funeraria. Cando están poñendo a andar o negocio, aparece unha antiga moza de Silvino, á que este non quere ver. Entón decide facerse pasar por morto e así escapulirse dela. Pero, coma sempre, está Flora, que o acaba descubrindo e leando o enredo habitual nesta familia.