Bamboleo
Con María Isabel, A Roda, Funçao Públika e Ruxe Ruxe
O programa “Bamboleo” ofreceralles hoxe aos espectadores da Televisión de Galicia unha nova velada de espectáculo e entretemento familiar, nesta ocasión coa música da cantante onubense María Isabel, que saltou á fama ao gañar o Festival de Eurovisión Infantil en 2004 coa súa coñecida canción “Antes muerta que sencilla”. Unha década despois, volve con cancións con ritmo flamenco e sempre cun toque de pop, como “La vida sólo es una”, o tema co intentou volver ao certame europeo da canción e que é o primeiro sinxelo do seu recente álbum, “Yo decido”.
O musical presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá este sábado a visita do grupo de música tradicional A Roda. Ademais, esta noite pasarán polo escenario de “Bamboleo” a orquestra Funçao Públika e Ruxe Ruxe, senlleiro grupo da música rock galega que, coa súa persoal proposta musical, baseada nunha contaxiosa fusión de rock, punK, folk, música tradicional e ska, leva case 20 anos espallando a súa música por toda a xeografía galega.