CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Lucrecia e a orquestra Charleston

30/04/2016 22:15 h

  A artista cubana, residente en Barcelona, Lucrecia levará este sábado os seus ritmos tropicais a “Bamboleo”, onde interpretará o seu éxito “Mi gente” e “Vámonos de aquí”, canción homenaxe a súa compatriota Celia Cruz. 
Lucrecia estará acompañada no escenario do programa da Televisión de Galicia por dúas formacións galegas: a banda ourensá de pop-folk Guezos e o grupo de pop-rock Dharma Vox, que presentará o seu último sinxelo, “Once horas”.
Como é habitual, o espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará tamén cunha orquestra, neste caso, a afamada Charleston, procedente de Padrón, que interpretará o “Merengue Rosalía”, “Cumbias” e “La pachanguita”.

Atopar capítulo por: