CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Los Panchos, Davide Salvado e a orquestra Passarela

11/06/2016 22:15 h

 O programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará no escenario con Los Panchos. O incansable trío mexicano voltou a finais do 2015 á escena musical, logo de 20 anos separados, nunha xira que lle permitiu aos seus seguidores volver escoitar os temas que os consolidaran coma os reis do bolero. Ademais, o espazo da TVG recibirá a orquestra Passarela, que deleitará o publico cunha escolma de rumbas, ademais de co tema “Cómo duele el silencio”.
Tamén haberá actuacións de artistas galegos. O musical terá no estudo de gravación a Davide Salvado, músico aclamado internacionalmente e que leva polo mundo os sons propios de Galicia.

Atopar capítulo por: