CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con La Musicalité, Lucía Pérez, a orquestra New York e Quempallou

19/03/2016 22:15 h

   O programa “Bamboleo” ofreceralles hoxe aos espectadores da Televisión de Galicia unha nova velada de espectáculo e entretemento familiar, nesta ocasión coa música do grupo de pop-rock mallorquino La Musicalité.
O musical presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá este sábado a visita da cantante galega de Lucía Pérez, que interpretará temas do seu novo disco, un traballo que transmite alegría e positivismo e que ofrece temas cargados de enerxía. Ademais, esta noite pasarán polo escenario de “Bamboleo” a orquestra New York e Quempallou.

Atopar capítulo por: