CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Kiko e Shara, De Vacas, Javi Mota e a orquestra Compostela

12/12/2015 22:15 h

  O espectáculo e o entretemento familiar serán protagonistas un sábado máis na TVG co programa “Bamboleo”, que hoxe recibirá a visita de Kiko e Shara, dúo musical formado polos irmáns gaditanos Juan Manuel e Sara Gavino, que interpretarán temas do seu novo disco, “Positivo”, o primeiro desde 2009 e tras unha separación artística de varios anos.
O programa tamén contará coa presenza no escenario do grupo feminino De Vacas, que ofrece unha versión lúdica de cancións coñecidas en calquera idioma. O proxecto musical de Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, en que decidiron incorporar a Guillerme Fernández, deuse a coñecer a través da internet cunha sorprendente versión do “Gangnam Style” e agora transforman música disco en pezas vocais que cantan en galego.
Presentado por Xosé Manuel Piñeiro e cun elenco de colaboradores que se apoderarán do escenario, o “Bamboleo” desta noite contará tamén coa actuación da orquestra Compostela e do polifacético cantante e bailarín Javi Mota, que inicia a súa carreira en solitario presentándose co seu proxecto máis intimista e persoal.

Atopar capítulo por: