Land Rober Tunai Show
Con Javier Rey e Paula Señarís
02/02/2017 22:00 h
Javier Rey saltou á fama pola serie Velvet, é unha das caras máis atractivas da televisión, e Roberto Vilar tratará de sacarlle xugo a esa faceta poñendo a proba a súa fama de irresistible conquistador. A presentadora de “Sopa de Festa”, Paula Señarís, tamén pasará polo programa para xogar ao Quen vés sendo? e amosar as súas dotes de actriz nun dos sketches que, coma cada semana, arrancará as gargalladas dos espectadores.