CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Jaime Terrón, Najla Shami, a orquestra Los Satélites e o grupo Diade

17/10/2015 22:15 h

     O programa “Bamboleo” ofreceralles hoxe aos espectadores da Televisión de Galicia unha nova velada de espectáculo e entretemento familiar, nesta ocasión coa música de Jaime Terrón, ex-vocalista do grupo Melocos, que en 2014 comezou a súa carreira en solitario.

O musical presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá este sábado a visita da cantante galego-palestina Najla Shami, culturas que reflicte no seu traballo artístico e que lle dan unha personalidade tan rica coma destacada.

Tamén pasarán este sábado polo escenario de “Bamboleo” a orquestra Los Satélites e o grupo Diade, que desprende enerxía positiva no seu novo single, “Just smile”, unha boa descarga de adrenalina e positivismo que lle dá forma ao terceiro lanzamento deste dúo de grandes voces.

Atopar capítulo por: