CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Georgina, Bellón Maceiras, o grupo Triunfo e o cantautor Emilio Rúa

28/11/2015 22:15 h

Hoxe recibirá a visita da cantante e compositora venezolana, residente en España, Georgina, que reaparece tres anos despois co disco “Dilema”, once cancións cociñadas a lume lento e elixidas coidadosamente.
O programa tamén contará coa presenza no escenario do dúo Bellón Maceiras, que conta cun variado repertorio baseado en composicións propias e pezas tradicionais de distintas partes do mundo.
Presentado por Xosé Manuel Piñeiro e cun elenco de colaboradores que se apoderarán do escenario, o “Bamboleo” desta noite contará tamén coa actuación do grupo Triunfo e do cantautor ourensán Emilio Rúa, un artista que conta cun estilo persoal e característico e que está a presentar o seu quinto disco, “Destino Sur”, marcado pola influencia da música folk, o country e o blues americano.

Atopar capítulo por: