CRTVG

Buscar

Momentos G

Con fisioterapeutas nas UCI acúrtase a estadía dos pacientes de covid

20/02/2021 13:51 h

Aínda que prima a prudencia, e Galicia continúa en situación de risco extremo, as cifras confirman que se vai aplanando a curva desta terceira vaga da covid-19. Os casos activos descenderon, pero o nivel alto de restricións mantívose pola presión hospitalaria. É aquí onde os fisioterapeutas teñen moito que dicir, a súa presenza nas UCI pode acurtar a estadía dos pacientes ata dous días de media. Do seu papel nesta pandemia falamos con Sonia Lugrís, fisioterapeuta, do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia. Traballa na UCI do CHUAC.

Atopar capítulo por: