CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Con-Fío en Galicia”, Ali Ali e Jackson Pollock e Lee Krasner

29/03/2016 21:00 h

A industria téxtil ten moita importancia na nosa comunidade. Grandes firmas de moda saíron deSde Galicia ao mundo enteiro e por iso na Cidade da Cultura de Galicia abriron unha exposición sobre a historia deste sector na nosa comunidade chamada “Con-Fío en Galicia”. O seu comisario, Miguel Anxo Seixas, vén hoxe ao programa “ZigZag Diario” para falar máis polo miúdo desta mostra e explicar o que se pode atopar na mesma. 
A temática das tendencias do programa de hoxe leva ao equipo do programa da tvG2 a emitir unha reportaxe sobre o pintor e gravador sirio Ali Ali, que chegou a Galicia en 2003 e decidiu asentarse na nosa terra para sacar adiante a súa obra. 
Ademais, o programa continuará este martes coa súa serie de parellas artísticas. Para esta ocasión, presenta o matrimonio formado por Jackson Pollock e Lee Krasner, ambos os dous expoñentes do expresionismo abstracto na segunda metade do século XX.   

Atopar capítulo por: