Bamboleo
Con Electric Nana, Nastasia Zürcher, Nortones e a orquestra Élite
“Bamboleo” recibirá a visita da polifacética cantante e compositora Mónica Vázquez, coñecida artisticamente como Electric Nana, que foi recentemente candidata para representar a España no Festival de Eurovisión. Con orixes galegas, leva desde os 14 anos compoñendo música para ela, para outros artistas e para películas e anuncios de televisión.
O programa tamén contará coa presenza da cantante e compositora galego-suíza Nastasia Zürcher, unha das grandes promesas do panorama musical actual, que está a presentar o seu primeiro traballo en solitario, un disco tinguido de diferentes estilos e sonoridades como o soul, o pop e o folk.
Presentado por Xosé Manuel Piñeiro e cun elenco de colaboradores que se apoderarán do escenario, o “Bamboleo” desta noite contará tamén coas actuacións da banda coruñesa de hard rock e blues Nortones e da orquestra Élite.