Bamboleo
Con Efecto Mariposa, Diego Nóvoa e a orquestra Cinema
10/10/2015 22:15 h
O espectáculo e o entretemento familiar serán protagonistas un sábado máis na TVG co programa “Bamboleo”, que recibirá hoxe a visita do grupo malagueño de pop-rock Efecto Mariposa.
O programa tamén contará coa presenza no escenario do cantante ourensán Diego Nóvoa, que interpretará temas do seu primeiro álbum, titulado “Nueve”; e de The Lákazans, unha banda barbanzá que atopa a súa inspiración e referencia nos grandes clásicos como Elvis Presley, Bob Dylan ou Neil Young para conformar un estilo que integre todas as vertentes do soul, o country ou o blues.
Presentado por Xosé Manuel Piñeiro e cun elenco de colaboradores que se apoderarán do escenario, o “Bamboleo” desta noite contará tamén coa actuación da orquestra Cinema.