CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con David DeMaría, El Combo Dominicano, Sofía Espiñeira e Batemento

02/07/2016 22:15 h

O cantautor David DeMaría, nome artístico de David Jiménez Pinteño, leva na música desde os 14 anos. Aos 19 sacou o seu primeiro disco, que titulou co seu nome profesional. Varios álbums e varios éxitos despois, este ano saca novo traballo ao mercado: “Siete”.En Bamboleo interpreta un dos temas clásicos do seu repertorio: “El perfume de la soledad”.

O espazo musical que presenta Xosé Manuel Piñeiro conta tamén con El Combo Dominicano, Sofía Espiñeira e Batemento. 

Gañadora do II Certame de Canción de Autor en Galego do Concello de Teo en 2015, Sofía Espiñeira ten xa no mercado o seu primeiro traballo discográfico, “Alá onde agroman as herbas”. 

Batemento é unha formación nova, de músicos tamén mozos, que fan electrónica e que foron quen de deseñar un novo concepto musical desde Galicia, fusionando instrumentos tradicionais como a gaita galega, a frauta barroca e o Whistle, cuxos sons mesturan con avanzada tecnoloxía. 

 

Atopar capítulo por: