CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Danny Romero, Jacobo Paz, a orquestra Gran Parada e Pili Pampín

14/11/2015 22:15 h

O programa “Bamboleo” achegaralles hoxe aos espectadores da Televisión de Galicia unha nova velada de espectáculo e entretemento familiar, nesta ocasión coa música do artista canario Danny Romero, un deses casos de gran talento e precocidade musical, xa que, con só 20 anos, é un produtor maduro cunha longa lista de éxitos ás súas costas e un dos picadiscos máis solicitados en España por artistas, clubs e fans.

O musical presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá este sábado a visita do compositor e produtor coruñés Jacobo Paz, que se define como un cantautor con alma de roqueiro. O grupo Dos Mundos é a nova aposta deste artista galego, cunha pegada máis roqueira, aínda que mantendo un recoñecible aroma pop nas melodías. A banda interpretará temas do seu último traballo, titulado “Veintitrés”.

Ademais, este sábado pasarán polo escenario de “Bamboleo” a orquestra Gran Parada e a cantante galega Pili Pampín, que deleitará o público e os espectadores cun popurrí dos seus grandes éxitos.

Atopar capítulo por: