CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Café Quijano, Caxade e a orquestra Suavecito

21/05/2016 22:15 h

“Bamboleo” sorprenderá este sábado os seus espectadores a ritmo de bolero, coa actuación de Café Quijano. Os leoneses, que se atopan inmersos na súa xira “Orixes do bolero”, interpretarán os temas “Robarle tiempo al tiempo” e “Me enamoras con todo”. 
O programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará tamén coa actuación da  orquestra Suavecito, ademais de dous artistas galegos. Caxade é a formación folk que lidera Alonso Caxade e que fai as delicias dos afeccionados á música indie, un grupo que mestura sons da tradición musical galega cun pop do máis actual e cargado de mensaxe.

Atopar capítulo por: