Land Rober Tunai Show
Con Antonio Mourelos e Monti Castiñeiras de "Serramoura" e o xornalista Eduardo Inda
02/12/2015 22:00 h
“Land Rober Tunai Show” recibe a visita dos actores galegos Antonio Mourelos e Monti Castiñeiras, dous dos protagonistas de “Serramoura”, a serie líder de audiencia nestes momentos na Televisión de Galicia.
Tamén virá pintar a mona a “Land Rober” un convidado moi especial, o xornalista Eduardo Inda, que intervirá no programa xunto cos habituais Xosé A. Touriñán, Eva Iglesias e o propio Roberto Vilar.