Bamboleo
Con Andy y Lucas, Alba María, Pelepau e a orquestra Élite
“Bamboleo” recibe a visita de Andy & Lucas, que, despois de celebrar hai apenas dous anos o seu décimo aniversario con “Máis de 10”, un álbum de grandes éxitos, poñen en marcha unha nova etapa na súa carreira co lanzamento de “Imparable”, o seu sétimo álbum de estudio.
O programa tamén contará coa presenza a cantante e compositora Alba María, unha das grandes sorpresas do novo panorama musical. No seu primeiro disco, titulado “Aínda”, as letras de calidade, en que o lirismo non esquece cuestións de xénero e sociais, arroupadas por unha coidada ambientación musical, amosan o potencial desta nova creadora.
Presentado por Xosé Manuel Piñeiro e cun elenco de colaboradores que se apoderarán do escenario, o “Bamboleo” desta noite contará tamén coas actuacións da orquestra Élite e de Pelepau, formación viguesa composta por 12 percusionistas que teñen como obxectivo adaptar cancións de tradición galega para transmitir a cultura popular mediante un espectáculo interactivo.