Momentos G
Como orientar a educación afectivo-sexual dos mozos?
16/02/2020 13:45 h
Ata os oito anos, segundo apuntan os útlimos estudos, baixou a idade en que se accede por primeira vez a contidos pornográficos en España. Internet e os dispositivos móbiles son a principal ferramenta que empregan os rapaces, nenos aínda moitos deles A partir dos catorce anos o consumo é xeneralizado. Unha pornografía que, din os expertos, é machista e vexatoria para as mulleres.
Onde está a solución, como reorientamos esa educación afectivo-sexual dos mozos? Ímolo falar con Ricardo Fandiño, psicólogo clínico e presidente da Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia.