Momentos G
Como levar o confinamento cun infectado de coronavirus
04/04/2020 13:19 h
Dadas as cifras de infectados polo coronavirus é máis que probable que, antes ou despois, algúns teñamos que convivir cunha persoa que padeza COVID-19. Que medidas de hixiene e de seguridade debemos manter? A Sociedade Galega de Medicina Interna lémbranos como temos que levar esa convivencia e as medidas detállanolas Silvia Pérez, médica no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo