Momentos G
Como facer máis segura a circulación de coches e bicicletas
23/02/2020 13:52 h
Seguro que lembran o que acontecía na Guarda en marzo de 2016: un ancián que agora ten 92 anos, atropelaba un pelotón de ciclistas, dos que dous morreron. A semana pasada coñeciamos a súa condena, catro anos de cárcere.
Esta sentenza volveu poñer de actualidade a seguridade nos ciclistas nas estradas e como deben circular tanto eles como os vehículos na calzada. Normas que imos coñecer da man de Roberto Rilo, presidente da Asociación de Ciclistas Crunia e de Isidro Vázquez, director e profesor de autoescola.