Momentos G
Como actuar cando atopamos unha especie invasora
13/02/2021 13:47 h
De seguro que nalgún paseo preto dalgún río atoparon ou viron mimosas, plumeiros, bambú, ou calas... Son especies que estamos afeitos a ver no noso ecosistema, e mesmo algunhas delas son apreciadas para decoración ou pola súa estética. Pero que isto non nos confunda, falamos de plantas exóticas invasoras, que poden causar importantes prexuízos. Imos aprender a coñecer algunhas delas con Rubén Villasenín, presidente da asociación medioambiental Amabul.