Comisión de festas
San Campio de Lonxe de Figueiró
29/08/2022 00:30 h
A de San Campio de Lonxe é unha comisión familiar, formada por Guillermo, súa muller, súa nai e seu fillo. Sobre eles recae absolutamente toda a organización dunha das romarías máis multitudinarias da provincia. Cada venres fan un bingo, ao que acoden boa parte dos veciños de Figueiró. Non paran nunca! E menos nos días da festa, nos que recoñecen que non teñen tempo nin para durmir porque tampouco dispoñen de axuda para a loxística.