CRTVG

Buscar

Comisión de festas

San Cristovo de Muimenta

08/08/2022 00:30 h

Hai anos, a parroquia de Muimenta foi dividida polos seus veciños en catro zonas ben diferenciadas. Esta sinxela tarefa tivo como obxectivo nomear cada ano un representante de cada unha desas zonas para levar a cabo a organización das festas. A comisión de 2022 está formada soamente por tres persoas pero como di o refrán: “non é cantidade, é calidade”.

Aproveitarán a famosa Festa da Filloa para vender as máximas rifas posibles e por suposto, non faltará a tradicional bendición dos coches, feita no adro da igrexa. Todas as actividades que realizarán teñen como único fin celebrar as festas patronais na honra de San Cristovo e Santa Mariña.

Atopar capítulo por: