Comisión de festas
Festa do Carme dos Pincheiros
26/09/2022 00:50 h
A comisión do Carme dos Pincheiros está formada por 14 amigos, boa parte deles mariñeiros xubilados, que se afanan por facer cada ano unhas festas que contan coa presenza de cabezudos e a Brilat de Pontevedra. Habitualmente organizan excursións dun día de duración, venden merchandising, fan sardiñadas e churrascadas... e todo canto se lles pasa pola cabeza para xuntar a maior cantidade de cartos.